Oxuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou a busca, detención e ingreso en prisión de José Antonio Urrutikoetxea Bengoetxea, coñecido como Josu Ternera, e emitiu unha nova orde europea de detención contra el como un dos principais responsables de ETA. O investigado vive no País Vasco francés baixo control xudicial.

O maxistrado procesárao en xullo polo delito de dirección de organización terrorista na causa sobre o financiamento de ETA a través das herriko tabernas. Agora dispón a súa detención tras valorar nova documentación incorporada ao procedemento.

Documentos intervidos avalan o seu papel na dirección de ETA

A investigación permitiu acceder a documentos incautados en Francia tras a detención de Ternera en maio de 2019, despois de 17 anos fuxido.

Segundo o auto, esa infor

See Full Page