Opleno do Congreso aprobou este martes a toma en consideración dunha proposición de Lei Orgánica que busca garantir o plurilingüismo ante as institucións do Estado, cos votos do PSOE, Junts e de todos os grupos propoñentes, e a negativa do PP, Vox e UPN.

A iniciativa foi presentada por 24 deputados pertencentes a ERC, EH Bildu, PNV, Sumar, BNG e Compromís , e propón a modificación de distintas leis para atribuír ás linguas oficiais plena validez e eficacia na totalidade do territorio do Estado, especialmente nas institucións do Estado.

A toma en consideración foi presentada polo deputado ERC Francesc-Marc Álvaro Vidal , quen explicou que o que se busca é facer "máis real e tanxible" o principio de igualdade que consagra a Constitución para que os falantes de catalán, eúscaro e galego

See Full Page