Seis mulleres presentaron denuncias a través da canle interna contra o acoso do PSOE sinalando ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, por presuntos tocamentos, mensaxes e chamadas de contido sexual e ofrecementos de postos de traballo a cambio de favores sexuais, segundo revelou o programa Código 10 de Cuatro.

O programa sostén que as denunciantes terían comunicado estes feitos á dirección do PSOE en Galicia sen recibir resposta. Porén, a dirección do PSdeG afirma non ter constancia de ningunha denuncia, nin xudicial nin interna nin a través do canle antiacoso, que permite avisos anónimos.

O secretario xeral do PSdeG, Jose Ramón Gómez Besteiro, declarou non ter recibido ningunha notificación, aínda que o funcionamento do canle,xestionado desde Ferraz por asesores externos, poder

See Full Page