O Deportivo saltou o tapete de Riazor disposto a amosar que o da semana pasada co Castellón foi un accidente. Algo aillado. Un borrón na bonita historia desta temporada. Saiu con folgos renovados e con Yeremay dando o primeiro aviso, nunha clara ocasión que mandou fóra a porta baleira.

Mais co paso dos minutos o partido foise enlamando, ao tempo que o filial da Real Sociedade comezou a medrar. Ata equilibrar o choque. E neses minutos de igualdade, aproveitaron un erro de Patiño e unha acción veloz de Gorka Carreira para marcar. Minuto 30. De aí ata o descanso, nada.

A volta a afeccióin agarda a reacción. A versión máis contundente deste Deportivo. Pero co que topou foi coa mesma falta de fútbol. E pouca cousa agás algún detalle de Zaka ou algunha arrancada de Yeremay ou de Mella.

See Full Page