Emerxencias de Galicia 112 informa de que minutos despois das 20:40 horas deste sábado chegou o primeiro aviso dun atropelo na A-6.

Foi un dos particulares que viaxaban no coche implicado quen informou o 112 Galicia de que acababan de accidentarse á altura do quilómetro 521 da A-6, ao seu paso por San Martiño de Pacios (Begonte) e en dirección Lugo.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Friol-Palas e dos servizos de mantemento da estrada. Tamén se informaron os Bombeiros de Vilalba.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que se tratara dun atropelo a un home, cuxo falecemento foi confirmado pouco despois polos servizos sanitarios a pesar dos esforzos por salvarlle a vida. As f

See Full Page