Na Coruña, apuñalamento mortal esta noite no parque de Santa Margarida. A vítima é un mozo duns vinte anos, segundo nos confirmaron fontes da Policía Nacional, que investiga o ocorrido.
O suceso rexistrouse arredor das nove da noite deste sábado nas inmediacións do parque de Santa Margarida, preto da porta que dá á Rolda de Nelle. O agresor está detido e foi trasladado ó cuartel de Lonzas.
Segundo as primeiras hipóteses, todo comezou cunha discusión entre o agresor e o agredido. Un deles sacou unha arma, probablemente unha navalla, e cravoulla ó outro. O presunto homicida, con antecedentes penais, fuxiu do lugar, pero foi detido pouco despois.
Os axentes precintaron a zona mentres buscan a arma do crime. O caso está en mans da brigada xudicial da Policía Nacional da Coruña.

G24

AlterNet
Breitbart News
NHL
CBS News Entertainment