Os incendios que afectan á provincia de Ourense manteñen nestes momentos confinados os veciños dos lugares da Madanela , no concello de Monterrei (122 persoas), das Casas dos Montes , no de Oímbra (142 pesoas) e de Rebordondo , en Cualedro (60 persoas).

Os veciños de Estevesiños e Vences, que este xoves tiveron que resgardarse nas súas casas, xa non se atopan baixo confinamento.

Ademais, foron evacuados das súas vivendas sete veciños de Flariz, en Monterrei, que segundo o 112 Galicia xa puideron volver ás súas casas, mentres que os desaloxados dunha residencia de Chandrexa de Queixa continúan á espera de poder volver ao seu domicilio, e as 44 persoas da residencia da Mezquita que foron evacuados esta semana e trasladados á Arnoia xa puideron regresar.

Toda a provincia

See Full Page