Fóra de Galicia, a comunidade de Castela e León é, outra semana, a máis prexudicada polos incendios forestais, aínda que ningún deles supón perigo para vivendas ou persoas. Tamén hai lumes nos montes de Navarra e Valencia.
En Navarra, o lume queimou prados con herba seca e varios piñeirais. A presenza de nove avións e helicópteros permitiu controlar o lume rapidamente. Os efectivos antiincendios vixían e refrescan a zona.
A comunidade máis prexudicada
Canto a Castela e León, o lume máis perigoso é o de Castromil , entre Zamora e Ourense. O control das lapas permitiu que os veciños evacuados volveran ás súas casas. Na comunidade castelano-leonesa hai outros cinco incendios , activos pero sen riscos, en León e Segovia.
Outro lume que foi estabilizado este domingo afecta a mon