Dani Barcia tiña doce anos cando marcou un golazo ante o Celta na final galega de benxamíns. É o mesmo que vén de se estrear, aos seus 22, como goleador co primeiro equipo en Riazor con outro gran tanto. A fame goleadora de Dani vénlle desde os seus primeiros pasos no fútbol, relata seu pai Toni.
"Antes de fichar polo benxamín do Dépor creo que marcara 119 goles"
O cabenés Toni Barcia tamén xogou ao fútbo na Liga da Costa e no Bergantiños. Ao fillo viuno saír campión co xuvenil ata se facer un oco no primeiro equipo, as súas mellores lembranzas
"Tiña moita chegada pero sempre lle gustou defender"
Dani é un dos tesouros de Abegondo. O futuro é seu.