Oportavoz do exército israelí en árabe, Avichay Adraee , ordenou esta madrugada aos residentes da cidade de Gaza evacuala por completo, no medio da ofensiva militar para tomar a capital do enclave palestino que Israel leva a cabo desde agosto.

"A todos os residentes da cidade de Gaza e a quen se atopa nos seus barrios, desde a Cidade Vella e Tafah ao leste ata o mar ao oeste", escribiu na súa conta de X.

Unha infografía que acompañou a mensaxe indica que a orde afecta a toda a cidade, onde, segundo a ONU, viven e e se refuxian preto dun millón de persoas.

"Pola súa seguridade, evacúen inmediatamente pola estrada de Al Rashid cara á zona humanitaria de Al Mawasi", engadiu, en referencia á área designada preto de Khan Yunis, no sur da Franxa, anunciada o sábado pasado a pesar de atopars

See Full Page