O Partido Popular pídelle ao ministro de Transportes que recupere as frecuencias do AVE suprimidas na estación da Gudiña ou que busque solucións alternativas para os pasaxeiros.
Así se dirixía a Óscar Puente Rosa María Sánchez Gándara, senadora do PP: "Os ourensáns non somos cidadáns de segunda, non somos perdedores. Os ourensáns pagan os seus impostos e non poden permitir este prexuízo irreparable sen solucións alternativas, porque é un dereito constitucional. Rectifique a súa decisión, que pode facelo. Non condene ao ostracismo ferroviario a gran parte da provincia de Ourense".
O ministro de Transportes respondeulle: "Pasamos de 56 frecuencias semanais a 41. Xa quixeran moitos territorios de España e moitos municipios similares á Gudiña, e con moita menos poboación, ter 41 frecuencias