Europa quere teléfonos móbiles máis duradeiros e fáciles de reparar . Para iso impulsa novas leis que obriguen os fabricantes a asumir responsabilidades. O obxectivo: aforrarnos custos aos consumidores e reducir a montaña de lixo electrónico.

A normativa europea vai implicar cambios importantes no xeito de fabricar teléfonos móbiles. O obxetivo é que se poidan reparar as partes que fallan para alongar a vida útil do dispositivo.

"Iso supón obrigas para os fabricantes que teñen que ter pezas a disposición dos consumidores e facilitar na fabricación destes dispositivos a súa reparación", explicou Enrique García, voceiro da Organización de Consumidores e Usuarios.

Agora cando detectamos un fallo no móbil é bastante común que o técnico nos indique que custa máis o arranxo que un terminal

See Full Page