A Fiscalía de Violencia contra a Muller de Galicia (tanto a delegación autonómica como as provinciais) está a estudar "caso por caso" as incidencias con pulseiras antimaltrato , e está a revisar tamén as sentenzas desde febreiro do 2024, seguindo instrucións da Fiscalía Xeral do Estado, aínda que non recibiu denuncias de vítimas relacionadas con esas incidencias.
Segundo informaron fontes do Ministerio Público, aínda que non se recibiron denuncias por fallos neses dispositivos, si hai constancia de que se produciron incidencias que fixeron saltar a alarma das pulseiras "non por un quebrantamento da medida".
Así, sinalaron que as incidencias son múltiples e por varias causas, como que o aparello de GPS quede sen batería, que se separe do GPS, que o agresor se achegue á zona de prohib