Os Gobernos de varios países árabes e europeos, ademais da Autoridade Nacional Palestina (ANP), acolleron o plan do presidente dos Estados Unidos Donald Trump para terminar a guerra de Israel na Franxa de Gaza.

A iniciativa, presentada este luns na Casa Branca tras unha reunión co primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu ten luz verde do seu Goberno e prevé, entre outras cousas, o desarmamento completo de Hamas, a retirada gradual do exército de Israel, a liberación de todos os reféns e de centenares de presos palestinos e a chegada sen restricións de axuda humanitaria a través das Nacións Unidas.

As respostas á proposta de Trump contrastan co silencio do grupo islamista Hamas , que aínda non se pronunciou oficialmente respecto diso. Si que o fixo a Xihad Islámica Palestina,

See Full Page