O ministro de Transportes, Óscar Puente , volveu descartar este xoves o rescate das concesións de autoestradas como a AP-9 e dixo que tampouco valora bonificalas ao 100 % para facelas gratuítas para os usuarios porque asegurou que "equivalería ao mesmo que o rescate, incluso puidera chegar a ser máis caro" .
Nunha entrevista en Onda Cero , ao ser preguntado polas demandas do Principado de Asturias sobre a autoestrada AP-66, de León a Oviedo, Puente dixo que "o que se nos pide é que rescatemos unha concesión que ten de vixencia ata o ano 2050, o que ten unhas consecuencias económicas e xurídicas moi concretas". E, engadiu, "a AP-66 está nunha situación practicamente idéntica a do resto de autoestradas do noso país. Porque rescatar a AP-66 e non a AP-9, ou a AP-7 en Málaga?".
"