A Xunta aprobou este venres, nunha reunión extraordinaria do Executivo presidido por Alfonso Rueda, o proxecto de orzamentos galegos para o ano que vén , por 14.240 millóns de euros, un 2,1 % máis que os deste ano , o que supón un incremento de 300 millóns de euros que irán destinados integramente a gasto social , segundo salientou Rueda.
Alfonso Rueda, na súa comparecencia tras a xuntanza do seu equipo de goberno, explicou que o orzamento para sanidade será de 1.747 millóns de euros para atención primaria, un 4,7 % máis; pero tamén haberá un incremento do 9 % para I+D+i, ata os 405 millóns de euros.
Estas contas públicas volven esgotar o teito de gasto aprobado en agosto 14.177, que é un 1,6 % superior ao deste ano, e inclúen "cinco novas rebaixas fiscais" , como a do imposto