Tras a aprobación do proxecto de lei dos orzamentos da Xunta para 2026, o quipo de Goberno de Rueda vai debullando as partidas de cada departamento.
O conselleiro de Sanidade , Antonio Gómez Caamaño , anunciou este sábado que se vai incrementar o orzamento en vacinación ata os 48,2 millóns de euros , o que supón unha suba do 17%.
Segundo dixo na XXVI Xornada Central de Formación en Vacinas, esta suba permitirá reforzar a protección dun dos grupos máis vulnerables, o das persoas maiores, mediante distintas estratexias que se van desenvolver para incrementar as coberturas de vacinación en adultos.
Con 7,5 millóns máis que en 2025 , de acordo co conselleiro, Galicia seguirá mantendo a súa posición de vangarda, co calendario de inmunización ao longo de toda a vida máis com