A muller de 31 anos alcanzada por unha vaca durante o desfile de gando das festas do San Froilán faleceu este domingo logo de pasar catorce días ingresada na UCI do hospital Lucus Augusti de Lugo.
Unha vaca que participaba no tradicional percorrido polo centro da cidade, o pasado día 5 de outubro, asustouse co barullo e escapou á carreira entre o público sen que o seu dono puidese controlala.
Por mor da algarabía, outra vaca golpeou a falecida , natural de Vilagarcía de Arousa. No momento, foi trasladada en estado grave ao centro hospitalario onde faleceu este domingo.