Preocupación na Xunta despois de que Bruxelas lle confirmara que están en risco os fondos destinados a medidas relacionadas co medioambiente, o chamado Fondo Social para o Clima. A España correspóndenlle máis de 6.800 millóns de euros. Pero o Goberno non presentou os proxectos a tempo. O prazo remataba o pasado 30 de xuño, segundo lle acaba de confirmar a Comisión Europea á Xunta, pero tanto España coma a maioría dos países non enviaron o seu plan.

Son cartos que se deben destinar a axudas para instalar paneis solares, cambiar caldeiras, coches eléctricos ou rehabilitar vivendas. Galicia avanza que vai presentar directamente a Europa os seus proxectos. En total suman 2.000 millóns de euros. A maioría destinados a construción de vivenda, pero non só.

Hai iniciativas para crear un sistema

See Full Page