Acabou o mes de outubro e o Celta pechouno facéndose forte nas tres competicións. Seis partidos e ningunha derrota. Agora comeza o mes de novembro de xeito intenso. Coa primeira parada mañá no Cidade de Valencia.

Último adestramento esta mañá antes de medirse ó Levante. Volven á convocatoria celeste Javi Rodríguez e Starfelt. Claudio aínda non pode contar con Williot e Javi Rueda. Tamén son baixa Yoel Lago e Cervi. Tras un mes de outubro con catro vitorias e dous empates, Claudio Giráldez é rotundo ó definir o momento do Celta.

See Full Page