Oexministro José Luis Ábalos chegou sobre as 9.12 horas ao Tribunal Supremo para a vista na que o maxistrado Leopoldo Puente decidirá se o envía a prisión, como piden as acusacións populares lideradas polo PP, dor presuntas irregularidades nos contratos de máscaras adxudicados por Transportes durante a pandemia.

O extitular de Transportes entrou ao alto tribunal pola rúa de Marqués da Ensenada, onde o esperaban desde primeiras horas da mañá decenas de medios de comunicación. Ábalos, que chegou só cunha mochila pequena, optou por non facer declaracións á prensa.

O maxistrado acordou citalo despois de que a Fiscalía Anticorrupción e as acusacións populares pedisen nos seus respectivos escritos de acusación que se celebrara unha vista para revisar as medidas cautelares que teñen vixent

See Full Page