Opresidente francés, Emmanuel Macron, perdeu este luns ao seu cuarto primeiro ministro desde xaneiro de 2024. François Bayrou, de 74 anos, non superou a moción de confianza que el mesmo promoveu e viu como a Asemblea Nacional tombaba o seu Executivo con 364 votos en contra fronte a 194 a favor.
Trátase do primeiro goberno da V República que cae por unha moción de confianza.
Bayrou presentará este martes a súa dimisión a Macron, tras nove meses en Matignon. Antes caeron Elisabeth Borne (xaneiro de 2024), Gabriel Attal (setembro de 2024) e Michel Barnier (decembro de 2024), converténdose así no cuarto xefe de goberno que desfila polo Elíseo desde o inicio do segundo mandato presidencial, en maio de 2022.Austeridade e crítica á oposición.
No debate parlamentario, Bayrou advertiu da “inexor