A décimo sexta etapa da Volta a España, que se disputa este martes entre Poio e Mos Castro de Herville, foi neutralizada a 8 km de meta polas protestas que se están producindo nas inmediacións da meta .
A 15 km de meta, momento no que marchan escapados o español Mikel Landa e o colombiano Egan Bernal, a organización da Volta enviou unha comunicación pola súa emisora anunciando tal medida . Informan por Radio Volta:
"Debido a unha protesta que está a bloquear a carreira, o gañador de etapa e os tempos para a clasificación xeral decidiranse a 8 quilómetros para a liña de meta". Por tanto, hoxe si que vai haber gañador de etapa.
Anteriormente as forzas de seguridade retiraron unha árbore atravesada na estrada no ascenso ao Alto de Groba.