O presidente dos Estados Unidos ameazou este xoves con impoñer sancións a España polas discrepancias sobre o obxectivo de gasto militar do 5 % do PIB acordado no cumio de líderes aliados da Haia.
"Creo que é unha gran falta de respecto á OTAN. De feito, estaba a pensar en castigalos comercialmente con aranceis polo que fixeron. E podería facelo. Paréceme incriblemente irrespectuoso", dixo.
Trump fixo estas afirmacións en declaracións á prensa durante unha reunión do seu gabinete co presidente da Arxentina, Javier Milei.
"España (foi o) único país da OTAN, o único do planeta en facer iso. E creo que deberían ser castigados por iso", remarcou o presidente dos Estados Unidos.
O Goberno español restoulle importancia á nova ameaza de Trump de impoñer aranceis a España. Fontes gobernam