O Liceo deu a badalada e derrotou o Barcelona no Palau Blau Grana no partido intersemanal da OK Liga . Con este triunfo os de Juan Copa colócanse coma líderes da categoría o sumar tres vitorias de forma consecutiva.

Os herculinos entraron con forza no partido. E tras dúas oportunidades de Bruno Saavedra e Arnau Xaus, nas que se toparon co porteiro local Sergi Fernández, sería o propio Saavedra o que adiantaría no electrónico os coruñeses tras superar no man o man o meta blaugrana. Un minuto despois sería Nuno Paiva o que ampliaría a renda deixando o equipo local moi tocado na súa chegada o intermedio. E o inicio de segunda metade do equipo herculino foi inmellorable cun novo gol, esta vez anotado por César Carballeira. Os culés reducirían diferenzas por medio do exliceísta Pablo Álvarez,

See Full Page